lunes, 28 de noviembre de 2011

un par de sobremesas

Estas son un par de sobremesas sinxelas para triunfar.

Si queredes ver os comentarios debedes de pulsar en "link", marxe inferior dereito, debaixo das fotos.
Get the flash player here: http://www.adobe.com/flashplayer

cociñando con larpeiros


No video aparecen unhas fermosas imáxes da miña terra, a costa da morte pero finalmente non se conta como se fai a receita, pero coméntovos.
Eu fago unha pareceda con porco normal (tampouco ten que ser celta).
Collemos a paleta de porco e salámola con sal gorda, ó gusto. Machacamos allo prixel con aceite nun mortero. Cun pincel adobamos a paleta coa mezcla anterior.
Exprimimos as laranxas e mezclamos co viño branco, coa xeringa introducimos na paleta a mezcla anterior.
Introducímola no forno prequentado a 150ªC/180ºC
Deixamos que se faga lentamente, eu prefiro manter esa temperatura para asegurarme que se coce por dentro.
Cando a carne estexa case lista introducimos as patacas cortadas en rodaxas, para facer as patacar no forno coa carne.

Paté de mexilóns e bonito

Ingredientes:
1 lata de mexilóns
1 lata de bonito
1 vaso de maionesa
12 paus de sucedaneo de cangreso
2 queixiños en porcións
Elaboración:
pasamos todos os ingredientes pola batedora e xa está listo para untar con pan torrado.

Esta receita é de Benigno Campos (a cociña de larpeiros).
Nunha ocasión, bendita falta de previsión, estaba facendo o paté e non tiña mexilóns ó natural, a que me quedaba era en salsa americana, lanceime a piscina e quedou xenial.
Podedes facelo xunto co de centolo, da lugar a moitos comentarios na mesa sobre cal está mellor.

Paté de centolo

Prometida estaba esta receita de paté de centolo:
Ingredientes:
4 pausiños de mar
2 anchoas
1 lata de mesilón natural
2 ovos cocidos
Elaboración:
super super sinxela: bátese todo e se queda moi espeso poñemos maionesa ata atopar a textura que queremos.
Para servir queda moi ben con torradas de distintos tipos.
Está xenial como entrante, por exemplo mentras se remata de facer o plato principal, ou para unha cea de cousas de picar.
Por certo a primeira vez que o provei, na casa dunha amiga, o sabor é tan semellante ó centolo, que quedei toda creida de que a pobre se pasara a tarde limpando o centolo para facer o paté. Nada que decir que ó dame a receita estivo reindose de min un bo cacho.