
Bueno vai a receita das madalenas que traouxen polo meu cumple.
Ingredientes
3 ovos L (eu poño 4 porque son moi pequeniños)
250 gr de aceite de xirasol
250 gr de azucre
250 gr de leite
375 gr de fariña de forza (podedes atopala en super ou en panaderías)
2 sobres de levadura en po (32gr)
A raiadura dun limón ou dunha laranxa ou ensencia.
Elaboración
- Bater os ovos co azucre e a raiadura ou esencia de limón ata conseguir unha mestura cremosa que triplique o volume.
- Engadir o aceite ao fío e despois o leite, tamén ó fío.
- mezclar a fariña co a levadura e engadila a mezcla anterior tamizando ós poucos.
- Deixar repousar a mestura na neveira (media hora como mínimo, se pode ser máis).
- Introducir a masa nas cápsulas de papel, por exemplo cunha xerra ou manga pasteleira, que temos introducidas nunhas flaneiras, si non tedes flaneiras eu o que usei foi dúas capsulas para que tivera máis aguante. A masa non debe chegar ao borde da cápsula.
Agregar azucre por encima da masa. Queda moi ben se ao azucre lle engadímos raiadura de limón e o aromatizamos fregándoo coas xemas dos dedos.
- Meter ao forno prequentado a 220º, báixase a 200º ao metelas no forno, ata que estean douradiñas, uns 20 minutos aproximadamente.