Este é o primeiro día de blog. Neste pequeno recuncho irei escribindo algunha das receitas de cociña que eu fago, coas que disfruto cociñando e máis vendo como amigos e familia alegran a cara cos bocados e as conversas.
Son sinxelas e todas elas feitas por min en algún momento, non teñen pretensións de gran conciña, somentes de unha pequena lareira de aldea, na que todos comen arredor dunha mesa de madeira.
Que as disfrutedes na mellor compaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario